




Letras corpóreas compactas
Letras e logotipos fresados en CNC en PVC espumado ou metacrilato, coa cara impresa a cor se a queres. Prezo ao instante segundo letras, altura e material.
- Prezo ao instante
- Envío a toda España
- Revisión de ficheiro de balde
Sobre este produto
Letras e logotipos fresados en CNC, peza a peza, en PVC espumado ou metacrilato. Dinos cantas letras leva o teu rótulo, a súa altura e as medidas totais, e calculamos o prezo ao momento: inclúe a preparación (CAM e nesting), o material, o fresado, o repaso manual de cada peza e a plantilla de montaxe. Sobe o teu logotipo e revisámolo de balde antes de fabricar; se o ficheiro cambia o traballo, confirmámosche o prezo antes de cobrar nada.
Altura máxima por peza: 150 cm. En 10 e 19 mm a prancha é de 305 × 156 cm.