




A túa foto e as túas palabras, impresas en metacrilato de 4 mm.
FEITO EN GALICIA · PERSONALIZADO PARA TI
Recordo Vivo
Unha foto para mirar.
Un recordo para volver sentir.
Unha placa coa túa foto, a túa dedicatoria e un QR que abre un vídeo, unha voz ou unha imaxe especial. Só necesitas a cámara do móbil.
Desde 20,00 € IVE incluído
- Foto e texto personalizados
- 5 anos de servizo QR incluídos
- Sen instalar ningunha aplicación
Envío calculado ao finalizar a compra · Recollida en Carballo.
Entrega en 2-3 días hábiles
O TEU AGASALLO COMEZA AQUÍ
Faina tan única como o voso recordo.
Escolle o tamaño e personaliza a placa. O vídeo, audio ou imaxe do QR engádese despois.
MOITO MÁIS CA UNHA FOTO
Ese «quérote» que podes volver escoitar.
Unha mensaxe de voz, o vídeo dun día especial ou unha foto que vos faga sorrir. Ti escolles que aparece ao escanear a placa.
- 01 · Deseña a túa placaEscolle unha plantilla e engade a túa foto e as túas palabras.
- 02 · Engade o recordoCo QR de cambio que che enviamos, sube o teu vídeo, audio ou imaxe.
- 03 · Escanea e reviveAbre a cámara do móbil e apunta ao QR da placa. Sen aplicacións.
NO TEU PEDIDO
Todo comeza coa vosa historia.
- A túa placa personalizadaMetacrilato de 4 mm con pé integrado, a túa foto, os teus textos e un QR único.
- Acceso para cambiar o recordoUn segundo QR, incluído nunha tarxeta e detrás da placa.
- 5 anos de servizo incluídosPara abrir o teu recordo e cambialo cando queiras durante ese período.
ANTES DE ESCOLLER
As túas dúbidas, resoltas.
Que personalizo agora e que subo despois?
Agora escolles a foto e os textos que se imprimen na placa. O vídeo, audio ou imaxe que abre o QR engádese despois co teu acceso de edición. Podes cambiar ese contido sen cambiar a placa.
Podedes enviala directamente á persoa á que lla agasallo?
Si. Escolle «Enviádea directamente como agasallo» e indica o teu propio correo electrónico ou WhatsApp. Ao preparar a placa enviarémosche a ti o acceso para engadir o recordo, aínda que non teñas a placa nas túas mans. Ao finalizar a compra, pon o enderezo da persoa que recibirá o agasallo como enderezo de entrega.
E se quero recibila eu e entregala en persoa?
Escolle «Recíboa eu», aínda que sexa un agasallo. O acceso para engadir o recordo vén no paquete, nunha tarxeta e detrás da placa, para que poidas preparalo antes de entregala.
Para que serven os dous códigos QR?
O QR da parte frontal permite ver o recordo a quen o escanee. O QR de cambio permite subilo ou substituílo: atoparalo nunha tarxeta dentro do paquete e detrás da placa. Gárdao e compárteo só con quen queiras que poida editar.
Canto tempo funcionará?
A compra inclúe un mínimo de 5 anos de servizo desde a data do pedido. A nosa intención é mantelo máis tempo, pero o prazo garantido é ese. Se o servizo fose rematar, avisariámoste con tempo para descargar os teus ficheiros.
Cando chegará e canto custa o envío?
O envío calcúlase ao finalizar a compra segundo o destino; tamén podes recoller o pedido en Carballo. Se o necesitas para unha data concreta, consúltanos antes de pedilo e confirmámosche o prazo desta placa.
Que podo subir? Necesito unha aplicación?
Podes subir un vídeo, un audio ou unha foto. Tamén podes gravar desde o móbil, ata 5 minutos. Para abrir o recordo abonda con escanear o QR coa cámara: non necesitas instalar ningunha aplicación.
E se perdo o acceso para cambiar o recordo?
Contacta connosco para que poidamos axudarche a recuperar o QR de cambio da túa placa.
Material e acabado da placa
Metacrilato transparente de 4 mm, canto pulido e pé dobrado para se soster sen marco. Impresión directa a cor con tinta branca de base. Fabricada no noso taller de Carballo (A Coruña). As medidas indicadas corresponden á cara impresa.