





Preme na imaxe para vela en detalle
Cuncas personalizadas
Cunca de cerámica branca coa túa foto, nome ou deseño. Deséñaa en liña e facémola no noso taller de Carballo.
- Prezo ao instante
- Envío a toda España
- Revisión de ficheiro de balde
Sobre este produto
Cunca de cerámica branca de 325 ml personalizada coa túa foto, un nome, unha frase ou o teu logo. Imprimímola por sublimación, con cores vivas que aguantan o lavalouza e o microondas.
- Cerámica branca de calidade, apta para lavalouza e microondas.
- Impresión a toda cor por sublimación: a imaxe non se despega nin se greta.
- Deséñaa ti mesmo na pantalla: sube a túa foto, engade un nome ou unha frase e mira como queda. A área de impresión é de 21 × 9 cm, arredor de toda a cunca.
- Se o prefires, sube só o teu ficheiro ou envíanolo despois: revisámolo de balde antes de imprimir.
- Feita no noso taller de Carballo: recóllea na tenda ou enviámoscha á casa.