Preguntas frecuentes
A maioría das túas dúbidas teñen resposta aquí. Se non, escríbenos por WhatsApp.
Teño problemas para facer un pedido por Internet. Que debo facer?
Se tes problemas para facer un pedido por Internet, ponte en contacto connosco a través do chat, do teléfono 981 75 64 52 ou envíanos un correo a info@creativadigital.es.
Como recibo información sobre os pedidos realizados?
Unha vez iniciada a sesión, na túa área persoal, fai clic na lapela «os meus pedidos», onde tes o historial das compras realizadas. Podes acceder a calquera dos teus pedidos para descargar a factura correspondente.
Podo cancelar ou modificar un pedido despois de realizalo?
Se unha vez realizado queres cancelar o pedido, ponte en contacto connosco canto antes. Lembra que non podes cancelar os pedidos que xa pasaron a produción.
É posible solicitar unha impresión de proba antes de facer un pedido?
Non facemos probas. Se queres solicitar orzamento para un gran pedido e queres unha proba, podes poñerte en contacto connosco e axudarémosche encantados.
Podedes facerme un orzamento á medida?
Ofrecemos prezos segundo a cantidade do produto solicitado. Se queres un orzamento adaptado, podes contactar connosco a través do noso chat, escribindo a info@creativadigital.es ou chamando ao 981 75 64 52.
Como podo contactar con Creativa Digital?
Podes contactar connosco a través do noso chat, enviando un correo a info@creativadigital.es ou chamando ao 981 75 64 52