GL
CastellanoGalegoCatalàEuskaraEnglish
Área profesional 981 756 452

Sobre este produto

O mantel individual de papel é publicidade que o cliente ten diante durante toda a comida: carta, promocións, xogos para nenos ou simplemente a túa marca ben grande. Escolle modelo, formato, papel e impresión, e mira o prezo ao momento segundo a cantidade e o prazo.

Modelos e formatos

Cantos rectos ou romos en A3 (42 × 29,7 cm), A2 (59,4 × 42 cm) e 32 × 45 cm; tamén mantel redondo.

Papeis

Offset 90 g, kraft 90 g, reciclados de 80 a 135 g, estucado semimate 170 g e irrompible de 230 ou 450 g (lavable, para reutilizar).

Consellos para preparar o teu ficheiro

  • Prepara o ficheiro ao tamaño final con 3 mm de sangrado por cada lado (ou descarga o modelo se o formato o ten).
  • Textos e logos a 3 mm do corte como mínimo.
  • PDF en CMYK a 300 ppp, coas fontes incrustadas ou trazadas; a 2 caras, un PDF de 2 páxinas.
  • Revisamos o teu ficheiro de balde antes de imprimir e avisámoste se algo non cadra.
Envío a toda España
Produción propia. Prazo de entrega completo en cada produto: personalizados en 2-4 días hábiles.
Todo á túa medida
Configura medidas, materiais e acabados con prezo ao instante.
Atención real
Atendémoste por WhatsApp e teléfono. Persoas, non bots.
Feito en Galicia
Taller propio en Carballo con tintas UV ecolóxicas.