
Impresión de documentos en branco e negro
Imprime os teus ficheiros PDF en branco e negro: sube un ou varios documentos, escolle tamaño, caras e gramaxe, e mira o prezo ao instante. Recollida na nosa tenda de Carballo ou envío ao domicilio.
- Prezo ao instante
- Envío a toda España
- Revisión de ficheiro de balde
Sobre este produto
Impresión de documentos en branco e negro
Apuntamentos, dosieres, presentacións, memorias, manuais, contratos… Sube o PDF desde a casa e nós imprimímolo en branco e negro de alta definición en papel de 80 a 160 g, en A4 ou A3, a unha ou dúas caras. Podes descartar páxinas, pedir varias copias e recollelo en Carballo ou recibilo na casa.
Como funciona
- Sube un ou varios PDF.
- Escolle tamaño, caras por folla, gramaxe e número de copias; o prezo sae ao momento.
- Recolle na tenda ou recíbeo en 24-72 h.
Consellos
- Un PDF con todas as páxinas en orde; se son varios documentos, súbeos por separado.
- Para encadernar, grampar ou plastificar, indícanolo no pedido e facémosche un orzamento.